Obradoiro de Emprego “Rehabilitación de Espazos Publicos e Bens municipais”

Bos días e benvidos/as o noso Blogue!! panel obradoiro

A través deste espazo intentaremos amosar a actividade que dende o Obradoiro de Emprego “Rehabilitación de Espazos Publicos e Bens Municipais” imos desenvolvendo ó longo dos seis meses de duración deste proxecto.

Antes de entrar en materia, explicar brevemente en qué consiste este Obradoiro:

O Obradoiro de Emprego “Rehabilitación de Espazos Públicos e Bens Municipais” é un proxecto mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que posibiliten ó seu alumnado/traballador a realización dun traballo efectivo en alternancia con formacion profesional.

Este proxecto  tivo o seu inicio o 1 de setembro de 2015 en función da subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar   ó abeiro da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego (DOG nº 7 , do 13 de xaneiro de 2015) e está promovido polo Concello de Vilarmaior en colaboración cos Concellos de Aranga, Irixoa e Monfero que participan todos eles na súa cofinanciación.

Ó longo dos seis meses de vixencia deste proxecto os 20 alumnos/as/traballadores participantes ( 10 por especialidade formativa) reciben formación en alternancia con práctica profesional remunerada, a través dun contrato para a formación e o aprendizaxe, en dous Certificados de Profesionalidade: “Operacións Auxiliares de Revestimentos continuos en construcción” ( EOCB0109) e  “Operacións Auxiliares de albaneleria de fábricas e cubertas” ( EOCB0208). 

Ademáis da impartición deste Certificado de Profesionalidade o alumnado recibe formación nos seguintes Módulos complementarios:

-Educación Secundaria Obrigatoria ( E.S.O)

-Orientación, Información profesional, búsqueda de emprego

-Alfabetización Informática

– Prevención de Riscos Laborais

-Sensibilización Medioambiental

-Igualdade de Oportunidades

-Creación de Empresas

-Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral…..

Ademáis de formación teórico-práctica recibida, o alumnado desenvolve un traballo en obra onde adquire formación profesional.

As accións impartidas e traballo desenvuelto, están pensados para mellorar a empregabilidade dos seus participantes, sendo o obxectivo final procurar a súa inserción laboral.

Clausura do Obradoiro

E chegamos xa ó  final deste Proxecto, ó ultimo Post.

Transcurriron  xa 6 meses dende que iniciamos a nosa actividade: o 1 de setembro. Ó longo deste periodo  neste Proxecto Mixto de Emprego e Formación vinte alumnos recibiron formación para mellorar a súa empregabilidade, a traves da impartición dous Certificados de Profesionalidade:

  • “Operacións auxiliares de Revestimentos Continuos en Construcción” (EOCB0109)
  • “Operacións auxiliares de Albanelería de Fábricas e Cubertas” (EOCB0208)

Paralelamente á formación teórica recibida realizaron practica profesional ó longo das sete actuacións aprobadas e tamén formación en materias complementarias:

  • Alfabetización Informática
  • Sensibilización Ambiental
  • Formación para a igualdade
  • Creación de empresas
  • Habilidades Comunicativas en galego para o mundo laboral
  • Orientación, información profesional, búsqueda de emprego
  • Formación Básica

Así oEn nome de todo o equipo que forma ou formou parte deste  Obradoiro desexámos que se cumpla cedo o fin último dun Obradoiro: a inserción laboral dos seus participantes.

Agradecendo a todos e todas os que fixeron posible este proxecto pola súa colaboración , despedímonos cunha imaxe da clausura a que acudiu o Delegado da Xunta en A Coruña: Diego Calvo así como as autoridades municipais dos catro Concellos participantes.

 

clausura

 

 

 

 

Rehabilitación Lavadoiro de Fonte Vilar- Grandal (Concello de Vilarmaior)

Imos xa coa última actuación abordada polo Obradoiro de Emprego “Rehabilitación de Espazos Publicos e Bens Municipais”, o segundo dos lavadoiros que Vilarmaior propuxo para o seu acondicionamento.

Neste lavadoiro efectuaronse entre outras as seguintes actuacións:

  • Limpeza de paramentos por medios manuais
  • Enfoscado e frataseado
  • Formación de cuberta
  • Barnizado de vigas
  • Reconstrucción muro mampostería

E imos ca coas imaxes finais do noso alumnado en acción:

 

 

 

Centro Social de Taboada II

Aproveitando o acondicionamento desta antiga escola, o alumnado da especialidade de Revestimentos Continuos da mán do seu monitor: Ramón Fraga, estivo facendo prácticas dentro do último Módulo do Certificado de Profesionalidade : “Aplicacion de pinturas e imprimacións protectoras en construcción” entre outras, da técnica do estucado, un efecto moi atractivo visualmente que entusiasmou ó alumnado.

Imos cunhas imaxes finais  desta obra:

 

Remate obra Lavadoiro Torres-Xestelo ( Vilarmaior)

Imos xa  coas últimas imaxes  do Lavadoiro de Torres-Xestelo trala súa rehabilitación.

Para axudar a valorar realmente a transformación deste elemento pertencente  á arquitectura popular de Vilarmaior,  imos amosar o punto de partida e o resultado final, hai diferenza!!.

Non queremos finalizar sen agradecerlle a Dionisio a súa colaboración con nós e os veciños e veciñas de  Xestelo  que plantaron pola súa conta Mirtos e déronlle un “toque final”  a este espazo  para que este fermoso recanto luzca mellor!

Centro Social de Taboada ( Concello de Monfero)

E chegamos así ó segundo proxecto do Concello de Monfero, o Centro Social  de Taboada.

Nesta antiga Escola contemplase unha actuación destinada recuperar este espazo paliando  o deterioro causado polo paso do tempo, o uso…

Para a  súa recuperación. o correspondente proxecto de obra contempla entre outras , as seguintes actuacións: picado de revoco, emplastecido e lixado de paramentos verticais e horizontais, aplicación de imprimación, pintado…

Imos cunhas primeiras  imaxes do aspecto inicial e de cómo vai evolucionando esta obra da mán do alumnado do Certificado de “Operacións auxiliares de revestimentos continuos  en Construcción”

Acondicionamento Escola de Irixoa ( 2ª Parte)

Grazas á tregua que nos deu o tempo, seguimos vento en popa coa Rehabilitación do Centro Social (Antiga Escola) de A Casa Nova.

Nela actúan as dúas especialidades formativas que se imparten no Obradoiro de Emprego “Rehabilitación de Espazos Públicos en Bens Municipais”:

  • “Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas”
  • “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción”

Tal e como comentamos nun Post anterior, unha das fachadas da Escola presentaba evidentes sinais de deterioro, polo que houbo que acometer unha actuación non prevista para  reforzar a súa estrutura a través da construcción dun  muro de bloco de arxila alixeirada.

Polo que se refire ás actuacións da especialidade de revestimentos continuaron unha vez rematado o emplastecido e lixado, co pintado exterior.

Imos cunhas novas imaxes

Prácticas formativas en Aula-Taller 2ª Parte

 

Aproveitando o bó tempo que tivemos no remate de Xaneiro, continuamos as nosas prácticas formativas na sede do Obradoiro co alumnado do Certificado de Profesionalidade “Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas“, neste caso das UF 0303 e 0642.

Para elas empregamos Blocos cerámicos de Arxila Alixeirada, material que ten unhas prestacións térmicas e acústicas que permiten a construcción de muros dunha sola folla con prestacións equivalentes ós muros de dúas follas doutros materiais,  permite unha construcción sostible , á vez de contar entre as súas características a de ser moi  resistente ó lume.

Unha vez rematada a fábrica de ladrillo, comezamos coa formación da  cuberta.

Imos como sempre cunhas imaxes da súa evolución.

Prácticas do Certificado “Revestimentos Continuos”:

Prácticas do Certificado de Fabrica de Ladrillo e Cubertas:

,

 

Rehabilitación da antiga Escola de Irixoa

 

Comezamos ano e comezamos Obra, neste caso o Local Social de Irixoa, antiga escola de A Casa Nova.

O Concello de Irixoa, sede da Escola,  é un municipio pertencente á comarca de Betanzos, provincia da Coruña. Limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao leste con Monfero e Aranga, ao sur con Aranga e Coirós; e ao oeste co municipio de Paderne.

Polo que respecta a esta obra, sinalar que o plano de actuación desta Antiga escola pasa por subsanar aquelas deficiencias ocasionadas polo paso do tempo, o seu uso..

Nela contemplanse actuacións para as dúas especialidades formativas que se imparten no Obradoiro de Emprego “Rehabilitación de Espazos Públicos e Bens Municipais”: o Certificado de Profesionalidade de “Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construcción” e o de “Operacións Auxiliares de Albanelería de Fábricas e Cubertas”.

Para a realización desta obra foi preciso instalar andamio europeo.

Respecto ás actuacións a desenvolver, son entre outras : limpeza de paramentos, proxección de auga a presión, picado de revoco, emplastecido, lixado e paramentos horizontais e verticais, aplicación de pintura así como reparación de elementos danados na cuberta e cunha actuación coa que non contábamos inicialmente: a construcción dunha fachada portante a base de blocos cerámicos  de arxila lixeira, para reforzar a estrutura existente que presentaba evidentes sinais de deterioro en parte da fachada especialmente nos contrafortes como se pode apreciar nunha das imaxes.

Así aproveitando o bo tempo co que nos agasallou este mes de Xaneiro, imos amosar a evolución na rehabilitación desta Obra, o antes , o durante e o despois…

Prácticas formativas en Aula-Taller

Para reforzar competencias do alumnado, realizamos prácticas formativas na Escola naqueles módulos que precisan complementar a actuación realizada nas diferentes obras aprobadas.

Imos cunhas imaxes das prácticas desenvolvidas polo alumnado pertencente neste caso ó Certificado de “Operacions auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas”.

 

Lavadoiro de Torres-Xestelo ( 2ª Parte)

 

Continuamos este Post para amosar  evolución desta obra que está realizando  o alumnado do  Certificado de Profesionalidade de “Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas” , aquí van unhas imaxes da transformación deste fermoso recuncho pertencente ó Concello de Vilarmaior grazas á labor do alumnado deste Obradoiro.